Proxecto realizado có apoio da Fundación Biodiversidad

RSS

GL

Búsqueda en la web

slide 2

PardelaÁreas naturais protexidas en Cabo Verde:

PardelaEspazo protexido

  • Parque Natural de Serra Malagueta (Ilha de Santiago)

Superficie: 774 ha.

A Serra Malagueta é un macizo montañoso situado na parte norte da illa de Santiago, e a súa altitude máxima é de 1064 metros. O seu territorio encóntrase na confluencia de tres municipios (Stª Catarina, S. Miguel e Tarrafal) presentando así unha localización estratéxica e privilexiada non só para o sector turístico senón tamén para a educación ambiental e centro de busca e investigación.

A área do parque da Serra Malagueta comprende o actual perímetro forestal estatal, e algunhas abas onde a presenza de endemismos é significativo. A área contén o maior número de plantas endémicas da illa de Santiago (26), 14 das cales están clasificadas como ameazadas na lista vermella de Cabo Verde. As maiores ameazas que as especies afrontan son: a presión humana na busca de espazos para cultivo, talla e recollida de madeira para leña;a erosión do chan; e a competición das especies invasoras como a Frurcraea foetida e Lantana camara.

Neste espazo rexistráronse 19 especies de aves (sendo 8 especies o subespecies endémicas), algunhas delas con elevado grao de ameaza (Acrocephalus brevipennis, Ardea purpurea bournei, Buteo buteo bannermani); 6 especies de réptiles terrestres, representando arredor do 85,71% das especies historicamente rexistradas na illa de Santiago (4 endémicas, 1 nativa e 1 introducida); 1 especie de anfibio (única existente en Cabo Verde) e 4 especies de mamíferos.

Existe un número aínda non determinado de invertebrados, con representantes de varias clases (Arachnida, Diplopoda, Insecta) e gran número de especies, algunhas comúns, como por exemplo a Acherontia atropos, a Papilio demodocus e especies ameazadas, (Lista Vermella de Cabo Verde), como por exemplo a Diplognata gagetes (En perigo en Cabo Verde).

Como parte do seu compromiso co ecoturismo, o Parque Natural de Serra Malagueta está profundamente comprometido a mellorar a calidade de vida das persoas que viven alí e nos seus arredores. Proxectos e actividades de formación desenvólvense regularmente para crear unha capacitación nas comunidades de Serra Malagueta. Os obxectivos inclúen unha iniciativa para a creación de ferramentas destinadas a alcanzar un desenvolvemento sostible para as comunidades, e a mellorar as prácticas e coñecementos que xa existen.

Como parte deste compromiso continuo para mellorar a vida das persoas de Serra Malagueta, o Parque instalou redes que son utilizadas para a captación da auga de néboa para o subministro da auga ao pobo.

PardelaCategoría IUCN

  • III - Monumento natural Info

PardelaGalería de fotos

coa colaboración de

Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente Fundación Biodiversidad
Pardela
Ceida

Se soubese que o mundo se remata mañá, eu, hoxe aínda, plantaría unha árbore

Martin Luther King

Se estás relacionado con algunha área natural protexida nalgún dos países e queres formar parte da Rede Pardela pulsa o seguinte botón:

© 2012 Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - Todos os dereitos reservados | Identificación legal - Privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com