Pardela.org : : Rede hispano lusofona para a xestión de áreas naturais protexidas

Definición das categorías IUCN

V - Paisaxe Terrestre e Mariño Protexido

Superficie de terra, con costas e mares, segundo o caso, na cal as interaccións do ser humano e a natureza ao longo dos anos produciu unha zona de carácter definido con importantes valores estéticos, ecolóxicos e/ou culturais, e que a miúdo alberga unha rica diversidade biolóxica. Salvagardar a integridade desta interacción tradicional é esencial para a protección, o mantemento e a evolución da área.